Ir o contido principal

Educación publica as listaxes definitivas de axudas para comedor durante o curso 2020/2021

A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación publica as listaxes definitivas de axudas ao estudo da liña 1 (AXUDAS COMEDOR) curso 2020/2021, aprobadas mediante Decreto, 2579/2020 o día  06 de novembro de 2020

Son, neste curso, un total de 219 becas para comedor e madrugadores as concedidas inicialmente. O que conleva un gasto de 140.040,00 € que asumirá o Concello.

As persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición contra o presente acordo no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación do anuncio da publicación no Boletín Oficial da Provincia perante o mesmo órgano que o ditou. Para a resolución do recurso tense o prazo dun mes contado desde o día seguinte á interposición. Se transcorrido ese prazo non se ten notificada a resolución, entenderase desestimado o recurso por silencio administrativo. A data límite de presentación de recursos é o 12 de decembro.

A publicación realízase ao abeiro do regulado pola Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de “Protección de Datos de Carácter Personal y Garantía de los Derechos Digitales (LOPDGDD)” sobre a fixación de regras sobre o uso de datos persoais identificativos das persoas interesadas nas publicacións sobre actos administrativos.

 Establécese pola AEPD que para garantir a protección fronte á divulgación dos documentos identificativos, recoméndase que a publicación dos datos persoais se realice da seguinte forma:

  • No caso de DNI, publicaranse os díxitos que no formato ocupen as posicións cuarta, quinta, sexta e sétima (Ex: Formato 12345678X / Datos publicados: ***4567**)
  • No caso de NIE, publicaranse os díxitos que no formato ocupen as posicións cuarta, quinta, sexta e sétima, evitando o primeiro carácter alfabético (Ex.: Formato L1234567X / Datos publicados ****4567*).

IMPORTANTE

Aos efectos de consulta de expediente deberán solicitar cita previa a través do teléfono 981659144 ou no correo educacion@arteixo.org.

· Para consulta de datos poden realizalo a través do mesmo correo electrónico (educacion@arteixo.org) indicando DNI ou NIF da persoa solicitante da axuda e nome e apelidos do menor para o que se solicitou dita axuda.