Ir o contido principal

Educación resolve as solicitudes de axudas para comedor e material escolar

A Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa publica as listaxes definitivas de axudas ao estudo da liña 1 (comedor) e da liña 2 (adquisición de libros e material didáctico) curso 2018/2019 aprobadas pola Xunta de Goberno de 22 de novembro de 2018.

Son, neste curso, un total de 340 becas para comedor, foran 290 no exercicio pasado;  e 227 para material escolar. O concello adica a este fin un total de 260.000 euros, que se pagarán as familias a mediados do mes de decembro.

Os destinatarios destas axudas son, no caso das becas de comedor, os alumnos de segundo ciclo de ensino infantil, ensino obrigatorio primario e secundario, bacharelato ou ciclos de grao medio de formación profesional que se cursen en centros sostidos con fondos públicos do término municipal. As axudas para o material didáctico destínanse ao alumnado do nivel de educación infantil de centros sostidos con fondos públicos.

As persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición contra o presente acordo no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación do anuncio da publicación no Boletín Oficial da Provincia perante o mesmo órgano que o ditou. Para a resolución do recurso tense o prazo dun mes contado desde o día seguinte á interposición. Se transcorrido ese prazo non se ten notificada a resolución, entenderase desestimado o recurso por silencio administrativo.