Ir o contido principal

As escolas infantís abren as súas portas

Visitar as instalacións dos centros educativos, coñecer as metodoloxías empregadas e proxectos educativos así coma informarse sobre os servizos e actividades dispoñibles son algunhas das cuestións que, de primeira man, poderán resolver as familias dos alumnos que no próximo curso comecen a súa escolarización nas escolas de Vilarrodís ou Barrionovo. 

Ambos centros celebran unha xornada de portas abertas. En Pastoriza será o 6 de marzo ás 17 h e en Vilarrodís será o próximo 27 de febreiro ás 16.00 h. 

As escolas de Educación Infantil de Larín, Lagoa e Rorís, pola súa banda, e coa mesma finalidade de dar a coñecer as súas instalacións, metodoloxía e actividades a desenvolver, realizan unha atención personalizada a todas aquelas familias que estean interesadas. No documento adxunto atópanse todos os datos para contactar con eses centros.