Ir o contido principal

Feijoo entrega as bandeiras azuis de Arteixo

O alcalde Carlos Calvelo recibiu o distintivo de bandeira azul que este ano lucirán sete areais de Arteixo, da man do Presidente da Xunta Albero Núñez Feijoo. 

Feijoo presidiu en Sanxenxo a entrega dos 156 distintivos de toda a comunidade nun acto no que anunciou a elaboración da nova lei de patrimonio natural que, según o presidente autonómico, axudará a protexer a  riqueza e a biodiversidade do territorio, «para facer unha Galicia máis verde».

Arteixo conta este ano con bandeira azul nas praias de O Reiro, Barrañán, Combouzas, Valcovo, A Hucha, A Salsa (Repibelo), e Sabón o que o convirte no concello coruñés, xunto con Boiro, con máis distintivos deste tipo. 

 

bandeira