Ir o contido principal

A Feira Histórica no recordo da programación cultural da fin de semana

A Concellería de Cultura homenaxea esta fin de semana á tradicional Feira 1900 que, neste 2020, non poderá celebrarse por mor da crise da COVID-19.

Será coa posta en escena, este venres, dun espectáculo de cuplé, que nos traslada a principios do século XX baixo a dirección de Rosa Puga. 

Estamos en 1918, o fin da Gran Guerra deixa a Europa en ruínas. O mundo cambia, a reflexión sobre os erros do pasado revoluciona o mundo laboral, o artístico, o feminino... A Coruña, pasa a ser un dos núcleos políticos, artísticos e sociais que máis brillan. Chega o momento de falar desa cidade moderna e atrevida, obreira, culta e innovadora, que non tiña medo ó futuro e daba a mellor acollida ás máis diversas personalidades.

"O Candil" é unha comedia musical que xira arredor do cancioneiro galego, sobre tres mulleres moi distintas, que buscan o propio ser ante un momento de confusión e cambio da mentalidade global.

A cita é ás 20.30 h no CC de Arteixo. 

candil

A fin de semana complátase o sábado cun espectáculo de danza a cago de Xacarandaina. Será ás 12 h no entorno do paseo fluvial. Si chove, será no auditorio do Centro Cívico. 

danza