Ir o contido principal

As Fillas bravas chegan ao centro cívico para reivindicar o emponderamento feminino

O Auditorio do Centro Cívico de Arteixo acolle este venres a representación de As Fillas Bravas e o mito fe Casandra, un espectáculo da compañía Chévere no que tres mulleres maiores de aldea tratan de entender o cambio climático e facerlle fronte aplicando a sabedoría popular e a súa propia experiencia vital. Tamén pretende, como espectáculo con perspectiva de xénero, procurar modelos de empoderamento feminino.

Será con entrada de 3,00 e 2,25 €,  que se poderá adquirir o propio día da función en horario de 11:30-13:30 h e pola tarde, 2 h antes do seu comezo na Billeteira do CCC de Arteixo até completar a capacidade da sala, que as autoridades sanitarias permitan.