Ir o contido principal

Fin de semana de tapas e de compras en Arteixo

Comer, comprar a prezos reducidos e ter a opción de gañar premios por facer unha ou outra cousa. A primeira fin de semana de marzo chega cargada de ofertas para encher as rúas do concello. A Feira de oportunidades e de vehículos de ocasión que organiza anualmente o Centro Comercial Aberto (CCA) coincide, neste tramo final dun iverno demasiado longo co concorrido concurso "de tapas por Arteixo" que, neste caso, prolongarase tamén ós próximos 9,10 e 11 de marzo. 

Paralelamente o CCA organiza, dende o venres, distintas actividades que se desenvolverán no anfiteatro xunto ao Centro Cívico, no medio do evento. Ioga e Pequechef para os nenos e nenas, charlas sobre coidado de roupa, un showcooking, da man do Chef Manolito Bello, e ata unha pasarela canina. E os habituais sorteos económicos e de productos dos expositores.

No Concurso «de Tapas por Arteixo», que alcanza xa a súa duodécima edición, participarán doce establecementos con doce tapas distintas, unha por local. Os visitantes que proben as tapas poderán votar tanto co mapa que atoparán en cada un dos locais coma pola App «Quedamos de tapas», que xa se comezara a utilizar hai dúas edicións. 

tapatapas