Ir o contido principal

Galicia Fest - Silvia Penide e Carla López

Meicende acolle o documental “Galicia enteira é un festival”

O Auditorio do CSC de Meicende contará o 1 de xuño ás 20:00 h coa proxección do documental “Galicia enteira é un festival”, premiado como mellor traballo de fin de grao de temática galega da Universidade da Coruña. A peza audiovisual trata o panorama festivaleiro dende a dictadura ata o día de hoxe. Case noventa anos de historia narrados dende distintas perspectivas e centrados en tres festivais que a día de hoxe aínda conservan o modelo tradicional: Ortigueira, Pardiñas e Revenidas.

Galicia Fest

 

 

Elas Son Artistas, o 1º Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade, chega a Arteixo da man de Silvia Penide e Carla López


Elas son Artistas é unha iniciativa integral onde se combina o sector público co privado para dar voz a moitas mulleres profesionais das artes e que habitualmente non gozan do recoñecemento que merecen. Esta primeira edición nace da cohesión de diversos xestores culturais, asociacións sen ánimo de lucro e empresas relacionadas coa música. Tamén están involucrados a Deputación da Coruña e os concellos da área metropolitana, como é o caso de Arteixo que recibe o concerto de Feminino plural con Silvia Penide e Carla López o 1 de xuño ás 18:00 h na Praza do Balneario. En caso de choiva, a actuación trasladarase ao Auditorio de Arteixo.

Elas