Inglés básico para adultos
Aprender os conceptos básicos da lingua para poder manexarse en inglés é o obxectivo do curso básico de inglés que o departamento de Participación Cidadá programa para o próximo 2 de abril.
Trátase dunha actividade con prazas limitadas que ten un custo de 15 euros.
Os alumos dividiranse en dous grupos de mañá e tarde en distintos días da semana.
O prazo para se inscribir remata o próximo 22 de marzo.
