Ir o contido principal

Liberto enche o venres de cultura

O Auditorio de Arteixo acolle este venres a representación de Liberto, un espectáculo da compañía Merelas sobre un texto de Gemma Biró . 

No escenario estarán a  poeta Lucía Aldao e as actrices Rocío González e Cris Iglesias. Elas dan vida a un espectáculo que revisa os límites socialmente acordados. Un relato honesto de como xestionar a dor e de como seguir avanzando. Un proceso pegado ao primitivo, á conexión co noso animal, e por iso, contra todo pronóstico, cheo de vitalidade. 

Éxito de crítica e público, a obra, que conta con música en directo e un ton de fina ironía, narra en primeira persoa a historia de Ada, unha nai que ten a afrontar que o seu fillo recén nacido ten una parálise cerebral severa.

O espectáculo será con entrada (4 e 3,00 €) que se poderá adquirir en horario de 11:30-13:30 h e pola tarde, 2 h antes do comezo da función na Billeteira do CCC de Arteixo até completar a capacidade da sala.

liberto