Ir o contido principal

Listaxe de admitidos no curso de edición de vídeo e redes sociais para a mocidade

A edición de vídeo é o proceso a través do que se organiza, monta e ordena unha imaxe en movemento. Aprender os conceptos básicos para saber qué estamos a crear; combinar planos; imprimir ritmo; utilizar transicións ou planos de recurso, son algúns dos obxectivos do curso de edición que pon en marcha o departamento de mocidade. 

Trátase dunha actividade dirixida ós maiores de 16 anos, que ten un coste de 10 euros e que constará de 20 horas de formación que se impartirán no Centro de A Baiuca os mércores entre as 20 e as 21 h. 

Os inscritos teñen os días 27 e 28 de febreiro para recoller os recibos de pago en horario de 9 a 14 h.  

 

Documentos: