Ir o contido principal

Máis de 30.000 árbores para un Arteixo máis verde

Arteixo recibirá cinco millóns de euros dos fondos Edusi que concede a Unión Europea. O executivo local destinará un total de 662.000 euros a un proxecto que dotará de árbores a máis de 300.000 metros cadrados da superficie do concello e que permitirá que cada veciño dos núcleos urbáns teña unha zona verde a menos dun quilómetro da súa casa. 

O proxecto pretende ademáis reducir o impacto visual das zonas industriais que limitan con poboacións como Meicende ou Sabón.

 

Fondos Edusi

Os fondos Edusi están pensados en Arteixo para financiar as liñas de actuación  que integrna o chamado Plan Novarteixo, que, entre outras,pretende fomentar a mobilidade de forma sostible, e no que destaca a instalación dunha liña de transporte municipal con microbuses híbrido-eléctricos que conecten as principales áreas urbanas de Arteixo, os núcleos rurais  e as áreas industriais. Dentro de ese plan de mobilidade tamén se definirá unha rede de carriles-bici e unha rede de sendas peonís, que permitan extender as actuais ata conseguir que todo o municipio se poda percorrer a pe ou en bicicleta de forma ininterrompida.