Ir o contido principal

Máis de 300.000 euros para unir Ervedíns e Marciñado con beirarrúas

O concello da, con este novo proxecto, continuidade a un longo tramo peonil en Loureda que xa se iniciara entre As Barreiras e Marciñado. Os dous tramos combinados suporán un camiño seguro de preto de un quilómtro entre As Barreiras e Ervedíns.

Este tramo entre ambos núcleos non presenta ninguha zona específica para o tránsito dos peóns e supón xunto co estreito da carretera, un perigo para os viandantes.

Os novos traballos suporán unha inversión de 310.000 euros e contemplan, debido ós desniveis da zona, a execución de muros de contención coa fin de garantir a seguridade dos viandantes. Tamén se prevé a execución da rede subterránea de recollida de pluviais así como o saneamento nos puntos nos que non existe actualmente. O trazado presenta numerosos postes de electricidade e telecomunicacións que será necesario retranquear coa fin de que non supoñan un obstáculo para o paso. Tamén se procederá á extensión das canalizacións subterráneas para estos servicios.

O concello amplía, con esta actuación, o seu plan de recuperación de camiños rurais e sendas peonís nas que se investiu, no último ano, algo máis de un millón de euros.