Ir o contido principal

Máis de 4.000 persoas utilizan cada mes a liña circular de transporte

Unha media de 4.500 usuarios mensuais. Son as cifras do servizo de transporte municipal cinco meses depois da súa posta en funcionamento, en maio pasado. 

A liña circular, que une os núcleos urbáns, é a de maior índice de usuarios con preto de 3000 cada mes mentres que as liñas rurais aglutinan a unha media de 1.500 pasaxeiros mensuais. Nestas últimas, a de Chamín, Sorrizo e Barrañán, con 200 viaxeiros é a máis usada mentres que outras como ade Monteagudo rexistra 100 usuarios ou a de Suevos-Rañobre que oscila entre os 187 pasaxeiros do mes de agosto e os 97 do mes de xuño. 

A liña das praias, que funcionou entre xuño e setembro, congregou a un total de 2.956 viaxeiros, a meirande parte no mes de xullo con 1.490. 1.063 utilizaron este servizo en agosto e 403 durante os primeiros quince días do mes de setembro. 

O transporte circular percorre diariamente Arteixo, Meicende, Pastoriza, Oseiro, A Maceira  e Vilarrodís. O servizo municipal inclúe ademáis seis liñas que unen os núcleos de Monteagudo, Sorrizo, Chamín, Larín, Uxes, Loureda, Suevos, Rañobre Lañas e Barrañán. 

O obxectivo desta iniciativa é fomentar a mobilidade de forma sostible e mellorar a calidade de vida dos veciños. 

Nesta web están os horarios e rutas de cada un dos servizos:

Liña Circular

Liñas Interparroquiais