Ir o contido principal

Máis de 600.000 euros para a renovación dos campos de fútbol de Meicende

O Concello acometerá o verán próximo a renovación total das instalacións dos campos de fútbol de Meicende. 

As obras, que terán un coste de 622.000 euros que se empregarán na renovación do graderío, que mellorará a súa accesibilidade e as filtracións que xa se detectaron na cuberta; cambiarase o céspede artificial; e acometeranse melloras na accesibilidade e seguridade das instalacións. 

Máis de 1000 personas utilizan entre semana estes campos, entre eles os integrantes do clube de fútbol de Meicende, ademáis de clube de Suevos e outras peñas e colectivos municipais. 

As obras súmanse á construcción do campo de fútbol de Pastoriza que se desenvolven actualmente e nas que o concello investiu 2.034.198 euros. 

 

Meicende