Ir o contido principal

Máis de 600.000 euros para urbanizar o entorno da nova escola infantil e a residencia de maiores

O Concello ven de publicar no BOP a reparcelación definitiva dos espazos privados e públicos da Unidade de actuación 49, a zona próxima ao edificio construido pola Fundación Amancio Ortega no que se ubica a nova escola infatil, o centro de día e a residencia de maiores. É o último trámite urbanístico tra-lo que se procederá a licitar a obra de urbanización das rúas e a área verde anexa. O orzamento de 2020 recolle unha partida de 625.000 euros para esta fin. A inversión recuperarase posteriormente coas cuotas de urbanización que se cobrará aos propietarios. 

A actuación completa ademáis a urbanización das rúas Río Tambre e Camiño dos Cabalos, unha parte xa executada, con beirarrúas, prazas de aparcamento e canalizacións de augas pluviais e fecais. O presuposto inclúe ademáis a creación dun área verde que conectará esas rúas co paseo fluvial a través dunha senda peonil. 

O proxecto, total afecta a unha superficie de 15.000 metros cadrados.