Ir o contido principal

Máis de mil escolares nas xornadas de convivencia

O curso 2017/2018 remata cunha participación de 1228 estudiantes inscritos nas actividades extraescolares ofertadas polos departamentos de educación  e deportes nos CEIP Ponte dos Brozos, Arteixo, Galán e San Xosé Obreiro e nas escolas de Vilarrodís e Barrionovo.

O CEIP Ponte dos Brozos impartiu estas actividades a 519 alumnos; 252 se inscribiron no CEIP Arteixo, 250 en Galán e 181 en Meicende.

A escola de Barrionovo contou con 17 alumnos inscritos e a de Vilarrodís con 9. Neste caso só en actividades educativas. 

O próximo mércores 20 de xuño ponse o broche final a estas actividades cunhas xornadas de convivencia para os diferentes grupos.

Será entre as 17:00 e as 20:00 horas na zona deportiva da Avda Arsenio Iglesias. Haberá obradoiros, inchables, actividades deportivas e outras sorpresas para todos os asistentes.

Cada menor participante nas actividades poderá levar dous acompañantes. Todos os asistentes recibirán unha merenda saudable e os participantes un agasallo.