Ir o contido principal

Máis de mil escolares nas xornadas de convivencia

O curso 2018/2019 remata cunha participación de maís de 1200 estudiantes inscritos nas actividades extraescolares ofertadas polos departamentos de educación  e deportes nos CEIP Ponte dos Brozos, Arteixo, Galán e San Xosé Obreiro e nas escolas de Vilarrodís e Barrionovo.

O CEIP Ponte dos Brozos impartiu estas actividades a máis de 500 alumnos; algo máis de 200 inscribíronse no CEIP Arteixo, máis de 200 en Galán e preto desa cifra en Meicende.

As escolas de Barrionovo e de Vilarrodís sumaron máis de 20 só en actividades educativas. 

O próximo xoves 13 de xuño ponse o broche final a estas actividades cunhas xornadas de convivencia para os diferentes grupos.

Será entre as 17:00 e as 20:00 horas na zona deportiva da Avda Arsenio Iglesias. Haberá obradoiros, inchables, actividades deportivas e outras sorpresas para todos os asistentes.

Cada menor participante nas actividades poderá levar dous acompañantes. Todos os asistentes recibirán unha merenda saudable e os participantes un agasallo.