Ir o contido principal

Máis de vinte concertos e obradoiros musicais na primeira edición de "Arteixo Soa"

Arteixo convértese en Outono nun dos referentes musicais en Galicia. 

Trátase da nova marca cultural "Arteixo Soa", que se integrará este ano dentro da Feira Histórica, adicada nesta edición ó mundo da música, e que tratará de recuperar e ofrecer ó público e visitantes toda a tradición musical nacida en Galicia dende finais do século XIX e ata finais dos anos trinta cando figura do acordeonista acapararía todo o prestixio que ata entón monopolizaban os gaiteiros locais.

Serán 20 actuacións musicais de distintos estilos, dende o jazz de "4 Jazz" ata a "Fanfarria Takikardia" pasando polo rock de "Los Claretes" ou os locais Xiradela e Triskell. Destacan a participación de "Radio Cos", uns pandeireteiros de sona que fixeron evolucionar a nosa música naturalmente; ou "Xavier Díaz e Adufeiras de Salitre", Pandeiretas e Adufes perfectos aliados da copla, gala do xardín encantado da lírica galega. 

Ós concertos, que se extenderán por diversos puntos do concello entre o 13 e o 15 de outubro, súmanse distintos obradorios cos que se pretende achegar a música e a creación musical a todos os públicos e a todos os oídos. Obradoiro de xoguetes sonoros e tocadores de folla; concertos didáctico; obradoiros de castañolas ou xincana musical infantil son algunhas das propostas.