Ir o contido principal

Máis do 60% dos casos de violencia machista tratados no CIM acaban en denuncia

O Centro de Información á Muller prepara, con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero un amplo abano de actividades.

Trátase de visibilizar un problema que cada ano cobra a vida de centos de mulleres e rompe a vida de miles de familias en toda España. 

En 2017, ata este mes de novembro, o CIM, que ofrece un servizo continuado ás vítimas dende o plantexamento da situación ata a, no seu caso, resolución xudicial, atendeu trinta e cinco casos de violencia machista, algo menos que no pasado ano. Dos conflictos presentados, trece non remataron en denuncia o que supón que a vía xurídica é a opción nun 63% dos casos. 

Dende a súa posta en marcha, no ano 2004, este servizo municipal tramitou 1633 expedientes de todo tipo e se atenderon a un total de 609 mulleres o que significa que en trece anos acodiu a este centro un 4% do total da poboación feminina do municipio.