Ir o contido principal

Manuel María Puga Parga, "Picadillo"

Manuel Puga nace en Santiago de Compostela, onde seu pai era catedrático da Facultade de Dereito, e é bautizado o 23 de abril de 1874 en San Fiz de Solovio, mais residería dende moi novo na Coruña, nunha gran casona da cidade vella. Era fillo de Luciano Puga Blanco, que, ademais de profesor universitario, fora alcalde de Santiago de Compostela, decano do Colexio de Avogados da Coruña (defendera a Curros Enríquez cando este fora condenado pola publicación de Aires da miña terra), gobernador do Banco de España en Cuba, deputado, senador e fiscal xeral do Tribunal Supremo, equivalente ao actual fiscal xeral do Estado, e neto de Manuel María Puga Feijóo, coronel do exército isabelino e herdeiro da condesa de Ximonde.

O noso protagonista estuda dereito en Santiago de Compostela, onde presentaría a súa tese de grado co título Fueros Nobiliarios en 1895. Grazas a Cánovas del Castillo, amigo de seu pai, conseguiría ser nomeado para un posto para o que non era necesario opositar na Dirección Xeral de Penais. Descontento co ambiente político en Madrid e con morriña da súa terra, tras o asasinato de Cánovas en 1897 volta a Galicia, onde casa con María del Carmen Ramón e é nomeado xuíz municipal de Arteixo. Nesa altura incorporaríase con forte protagonismo á vida social e cultural da vila do Bolaños, máis aínda cando en 1899, ao falecer seu pai, herda o Pazo de Anzobre, en Armentón.

picadillo
Manuel María Puga, Picadillo.

Manuel Puga, bo amigo dos escritores Wenceslao Fernández Florez e Emilia Pardo Bazán, escribiría numerosos libros de gastronomía como La cócina práctica en 1905, que tería un grande éxito, así como gran cantidade de artigos. Xenio e figura, iríase facendo enormemente popular no seu tempo como persoa e escritor, iso si, sempre caracterizado polo gran sentido do humor e a defensa da vida popular, reivindicando o bacallau, as sardiñas e o lacón con grelos, fronte ás copias da cociña francesa, de moda na época para a alta sociedade. Dicía que unha das mellores experiencias da súa vida fora unha caldeirada nun barco de pesca. Entre as súas numerosas receitas destaca unha de bacallau, que dedica ao seu amigo Wenceslao Fernández e onde se pon de manifesto o enorme sentido de humor do autor:

“Se coge una hoja de bacalao muy delgada, tan delgada como Wenceslao Fernández Flórez, y se toman unos tomates muy gordos, tan gordos como yo. Se sala a Flórez y se parte en pedazos a mi, y en una tartera, capa de pedazos de Flórez desalados y capa de yo. Fuego lento; refrito por encima de aceite; mucha cebolla y ajos cuando Flórez está cocido. Diez minutos más de fuego y un perejil final reducido a picadillo con alguna sal si la necesite. Y así es la vida. Yo estaré dividido por el eje, pero usted, amigo mío, se queda sin sal que es bastante peor.

Tamén é curiosa a súa descripción do tempo que necesita un bo lacón con grelos:

A las nueve en punto de la mañana, después de bien lavado, debe ponerse a cocer el lacón en bastante cantidad de agua. A las once se le agregan los grelos y los chorizos. A las doce, las patatas mondadas y enteras, y a la una se colocan los chorizos y el lacón en una fuente, las patatas y los grelos en otra, y todo sobre la mesa, que debe estar previamente rodeada de ciudadanos con apetito y bien provista de botellas de vino del Ribeiro”.

Manuel Puga empezaría a escribir no xornal El Noroeste co pseudónimo de Picadillo, chegando a ser tan popular que en 1913 escribiría un artigo titulado Quiero ser concejal, que o levaría a principiar unha campaña na Coruña para ser elexido, facendo o 14 de outubro dese ano un chamamento: Alocución a las vendedoras de la plaza de abastos:

Vosotras no votáis, pero tenéis maridos, hijos...a este pedidles, mandadles...hasta llegar a requerir la zapatilla, que las coacciones en la intimidad no tienen nada que ver con la ley electoral”.

Picadillo conseguiría ser nomeado candidato e saír elexido, tomando posesión do cargo o 1 de xaneiro de 1914 da corporación que preside Javier Ozores Pedrosa. Mais este alcalde dimitiría, polo que Manuel Puga sería designado como novo alcalde da cidade herculina en outubro dese mesmo ano, aínda que o sería por 

pouco tempo, xa que co cambio do goberno foi deposto en só dous meses. Picadillo volvería a ser alcalde da Coruña co ascenso ao fronte do Estado do coruñés Eduardo Dato en xullo de 1917. Mais a súa actuación durante a folga xeral do 13 de agosto dese ano 17, posicionándose a favor da clase traballadora, levouno a ser destituído á semana seguinte e a recibir a homenaxe de 6000 obreiros sindicados e un pergamiño asinado polas 27 sociedades obreiras coruñesas. O pergamiño dicía:

Los sindicatos obreros de resistencia de La Coruña, rinden testimonio de gratitud y simpatía a don Manuel María Puga y Parga, por su notable actitud desde la Alcaldía hacia los obreros municipales, con motivo de la huelga general declarada en España el 13 de agosto del año actual. La Coruña, 28 de octubre de 1917”.

O seu paso por María Pita quedaría reflexado no seu libro Mi historia política, que Picadillo publicaría, co seu humor tan particular en 1917, libro onde aparecen "xoias" como esta:

"En 1882 era yo un señor que tenía 8 años de edad y unos 75 kilos de peso".

Este peso excesivo (dise que chegou aos 275 kilos) facíao moi coñecido. Segundo o escritor Luis Antón de Olmet, un día chegou á Coruña un circo no que se anunciaba, como atracción, a un home alemán que dicían que era o máis gordo do mundo, mais a xente que ía velo saía decepcionada dicindo que Picadillo era moito máis gordo e podíano ver todos os días pola rúa.

picadillo
Imaxe de agosto de 1909

Bo anfitrión e devoto das romarías e dos xantares populares, en Armentón aínda hai quen fala de cando en vez do San Pedro celebrado o 29 de xuño de 1917. Abofé que fora ben sonado! Xa moitos meses antes o feito comentábase de viva voz porque o funcionista ía ser Picadillo, o señor Conde, como era coñecido na parroquia. Como era tradición, un ano antes, a súa filla máis vella recollía os ramos do Patrón e do Sacramento para ser custodiados no Pazo de Anzobre durante todo o ano, feitos dos que o propio Puga deixaba constancia no seu libro Mi historia política:

"Dos meses antes comenzaron los preparativos y crecieron los comentarios. Se contrató la pólvora con el encargo especial de que fuese cosa nunca vista; se hizo el correspondiente acopio de vino del Rivero; se adquirieron gallinas, pollos y cabritos, y por fin se compró la ternera que había de entregarse al sacrificio. De banda musical, se contrató al glorioso Chinto. (...) Como nota sensacional habré de deciros que el cornetín lo tocaba una señora en estado interesante que de vez en cuando interrumpía la partitura a ella encomendada, para entonar canciones picarescas, que eran un éxito definitivo ante la concurrencia (...). A las ocho de la mañana del día 29 de Junio tuvo efecto la sensacional entrada de los coruñeses invitados. Dos kilómetros antes apareció en la carretera la mancha negra formada por la masa de gentes que a pie, a caballo, en coches, bicicletas y automóviles, se dirigía hacia el lugar de la fiesta, y a medida que se aproximaban se hacían más perceptibles los aturuxos. El Pazo los contestaba saludándolos con unas bombas formidables, cuyas detonaciones repetían a la vez cien ecos llegados de todos los confines del valle" (...).

Pouco máis dun ano de aquela gran festa en Anzobre, o 30 de setembro de 1918, Manuel María Puga Parga, coñecido popularmente polo alcume de Picadillo, falecía con só 44 anos a consecuencia dunha gripe. Morría o persoaxe e principiaba a lenda!