Ir o contido principal

Maxia e teatro na axenda cultural da fin de semana

A compañía pontevedresa Aporía Escénica visita por primeira vez o Auditorio de Arteixo. 

Representan hoxe o seu espectáculo "Animal sagrado". Unha mestura de monicreques e teatro para o público infantil a partires de 6 anos. Dirixido por Diana Mera, Animal Sagrado procura traer á actualidade o amor profundo e respecto pola vida a través da historia de tres animais considerados máxicos e sagrados en distintas culturas: O gato en Exipto, o elefante en África e os peixes koi en Xapón.

Preténdese, desta maneira, establecer un nexo de unión entre o pasado e o presente, un reencontro cos animais como seres vivos únicos, sabios e inocentes dos que temos moito que aprender de establecermos unha relación equilibrada e orgánica, afastada da consideración de obxectos da nosa propiedade.

As entradas pódense mercar en horario de 11:30 a 13:30 h ou 1 h antes da función na Billeteira do CCC de Arteixo.

O Auditorio de Meicende, pola súa banda, acolle ás 20:00 h,o espectáculo "Lafayette Show" da man do mago Cayetano Lledó.  

Pensado para o público familiar, un só artista interpreta todos os personaxes que saen a escena. Combina o encanto da maxia e o ilusionismo co teatro, a comedia, a interpretación, a música, a danza, a hipnose, o mentalismo e unha mestura de artes afíns. 

A distribución de convites será 1 h antes da función na conserxería do CSC de Meicende

lafayette