Ir o contido principal

Medio Ambiente instala cámaras para detectar ós que cometen verquidos ilegais

O Concello dispón dende hai quince días de cámaras de vixiancia que axudarán á loita contra os verquedoiros ilegais.

O obxectivo é localizar e sancionar a aqueles infractores que atentan contra o medio ambiente con este tipo de prácticas. As cámaras se instalan, de forma rotatoria, en distintos puntos que habitualmente se están utilizando para depositar vertedoiros de maneira ilegal.

Durante o ano pasado, o concello de Arteixo tivo que retirar 141 vertedoiros ilegais de diversos puntos do municipio.

Unha excavadora e varios camións , ocúpanse dende onte de retirar verquidos no lugar onde máis se acumulan nos últimos anos. Trátase dun camiño forestal situado no límite dos concellos de Arteixo e A Coruña. Nun tramo dun kilómetro acumuláronse catorce puntos de vertido distintos. O encargado de recollelos foi a Xunta de Galicia a petición do concello de Arteixo.

Desde o ano 2005 o departamento de Medio Ambiente de Arteixo, que actualmente dirixe Víctor Merelas, leva unha estadística dos vertedoiros retirados a través de protocolo que ten o concello para a eliminación dos vertedoiros incontrolados. A detección destes vertedoiros aumentou considerablemente nos últimos anos debido, fundamentalmente, a unha maior concienciación dos cidadáns a hora de alertar dos vertedoiros e os maiores medios empleados polo concello. Así a estadística reflexa que o departamento de medio ambiente retirou no 2005 vinte e 141 no 2016.

As sancións por esta práctica ilegal poden ir desde 900 euros ata os 45.000 euros según a gravidade do vertido e os materiales que se tiren sin control.

O departamento de Medio Ambiente, por medio do traballo realizado polos  gardas ambientais adscritos a este servicio, encárgase de vixiar, retirar e xestionar a retirada dos vertedoiros incontrolados que existen no territorio arteixán, ademais de investigar a posible orixe e os causantes dos ditos vertedoiros.