Ir o contido principal

Morás pode acoller as probas do autocross

O xulgado de instrucción número 8 arquiva a denuncia contra a celebración de probas deportivas no circuito de Morás que no seu día presentárase na sección de delictos medioambientais da fiscalía provincial de A Coruña tra-las reclamacións que ao respecto interpuxera un particular. 

O sobreseimento da causa comunicouse nun auto que reforza as tesis do concello de Arteixo e que sostén que as probas deportivas nese recinto están permitidas. 

Hai máis de un ano que o Concello iniciou a tramitación dun plan especial de dotacións e infraestructuras que afecta a un ámbito de preto de 200.000 metros cadrados co obxectivo de converter o entorno do circuito nunha zona de ocio que albergará distintos eventos públicos, recreativos, deportivos ou de outro tipo sempre que requiran un gran espazo ao aire libre. 

O documento xa foi enviado á consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para que comece o trámite da avaliación ambiental, no que a Xunta deberá determinar o alcance que terá a proposta do executivo local.