Ir o contido principal

A municipalización da auga de Arteixo chega ao Cumio do Clima de Madrid

O alcalde Carlos Calvelo participará vía telefónica nun programa que organiza a ONU en Madrid sobre a “Consulta de Expertos sobre privatización y derechos humanos al agua potable y al saneamiento". 

Trátase dun espazo integrado no cumio sobre o clima que se desenvolve en Madrid e que impulsa un equipo do denominado relator especial sobre os dereitos da auga potable e o saneamento no mundo. A actividade volcarase,xunto con outras, no Informe para o 75º período de sesión das Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 2020. Ese informe ten como obxectivo identificar e caracterizar os riscos relacionados coa xestión privada de servizos de suministro de auga potable e saneamento entgre a poboación. 

Calvelo sumará as súas opinións a outros actores do sector da auga potable e respostará a preguntas do relator especial da ONU no bloque temático denominado "Remunicipalización”.

A participación de Arteixo neste foro chega a través da "Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecimiento y Saneamiento", que estivo en contacto co  Concello de Arteixo para seguir o proceso xurídico derivado da municipalización do servizo dende o ano 2013.