Ir o contido principal

Música, ciencia e audiovisuais nos campamentos educativos de Semana Santa

Requisitos:
 Para o campamento Concilia e Laboratorio musical, rapazada de Infantil (2º ciclo) e Primaria empadroada.

 Para o taller audiovisual, rapazada de 12 a 18 anos empadroada.

Non empadroados: confirmarase dispoñibilidade de praza.

No caso de superar o número de prazas ofertadas procederase ao sorteo que se celebrará nas instalacións do departamento de
educación o día 22 de marzo ás 10 horas. Non será posible o acceso libre a este acto polas condicións derivadas no COVID19.

Normas xerais de aplicación a esta convocatoria de preinscrición:
 As persoas interesadas poderán formalizar a preinscrición a través de correo electrónico (educacion@arteixo.org) do 12 ao
18 de marzo. Deberán poñer no asunto campamento SEMANA SANTA 2021
 Deberán adxuntar o impreso de solicitude e o impreso de declaración complementaria.
 Realizarase preinscrición para analizar necesidades das familias de cara á conciliación no período de Semana Santa 2021
 A execución do campamento e dos servizos asociados estará supeditado ás normativas derivadas do COVID 19 e directrices de
seguridade.
 Valorarase individualmente a posiblidade de participación, especialmente no caso de persoas que pertenzan a grupos de risco
ou que convivan con grupos de risco.
 Previo a formalización da praza de campamento, é obrigatoria a presentación polas familias da declaración responsable donde
garantan que durante os 14 días previos á entrada no campamento a persoa participante non ten sufrido tos, fiebre, cansancio, malestar xeral e que non ten estado en contacto con persoa con dita sintomatoloxía.
 Dita declaración tamén incluirá que non se é grupo de risco nin se convive con persoas de risco.
 As familias deberán cumprir estrictamente todas as condicións e medidas que se lles indiquen como forma de protección da saúde de todas as persoas participantes.
 Reforzaranse as frecuencias de hixienización e a frecuencia de ventilación.
 

Servizos ofertados (supeditado ás autorizacións administrativas que correspondan):
 Campamento de 10:00 a 14:00h.
 Transporte: o servizo funcionará dependendo da normativa de aplicación e das posibilidades de organización.

CAMPAMENTO CONCILIACIÓN
Lugar de execución: AULA DA NATUREZA
Datas de execución: 29, 30, 31 de marzo e 5 de abril.
Temática: CONCILIA CON CIENCIA
Serán 4 días inesquecibles para as cativas e cativos do Concello de Arteixo con idades entre os tres e os doce anos, nos que terán dinámicas, gincanas, manualidades, xogos de distensión ...Todo isto para poder promover o desenvolvemento da imaxinación e da creatividade dos participantes.
Os obxectivos serán:
• Achegar o mundo da ciencia aos nenos e nenas dun xeito lúdico pero sen perder o rigor científico.
• •Promover a socialización, cooperación e solidariedade entre os participantes.
• •Practicar o xogo en grupo e o respecto mutuo.Destinatarios: 30 nenos e nenas de idades entre os 4 e 12 anos.ALIZACI
Organización:
 Organizaranse grupos reducidos cumprindo a normativa de aplicación.
 Estes grupos estarán constituidos preferentemente sempre polas mesmas personas para reducir posibilidades de contaxios.
 As actividades diarias organizaranse según nº de participantes e adaptando os espazos. Optarase por un único punto de execución do campamento con suficiente amplitude para acoller participantes e manter distancias de seguridade. No caso de que pola demanda esto non sexa posible, optarase por realizar actividades en distintos centros municipais para facilitar
as medidas de alonxamento.
 No caso de executarase de forma centralizada, acotaranse espazos que permitan o mantemento de distanciamento entre os grupos e entre as persoas dentro de cada grupo.
 No caso de poder realizarse, tamén se definirán zonas de distanciamento, sistemas de hixienización e zonas de tránsito.
 No caso de que o servizo de transporte non se poida realizar, corresponderá ás familias o traslado da persoa participante nas
condicións de seguridade que ao efecto se dicten.
 As familias deberán estar en disposición de recoller á persoa participante de forma inmediata no caso de que así se requira pola
organización por razóns de seguridade.
O Concello de Arteixo resérvase o dereito á reorganización,
adaptacións e/ou suspensión de servizos ou actividades si a situación
sanitaria así o require

Laboratorio musical
A MÚSICA DO BOSQUE
De cara ao período de Semana Santa, proponse unha actividade lúdicoeducativa orientada a complementar a formación ofrecida dende a Escola Municipal de Musica de Arteixo.

As/os participantes, participarán en tres propostas de obradoiros diferentes en cada xornada.

Os tres obradoiros serán parte dun eixe común, e os traballos desenvoltos en cada un estarán coordinados para conseguir un
produto conxunto.

O obxectivo final da actividade, será a creación dunha mostra do traballo desenvolto e por tanto, do produto conxunto anteriormente
mencionado: Traballarase a aplicación das novas tecnoloxías na música, desenvolverase a expresión artística mediante a creación do atrezzo así como a expresión corporal e musical.
Nesta ocasión, traballarase como contido transversal, “A música do bosque”.
Nestas catro xornadas, desenvolverase o coñecemento destes sons e o seu acompañamento musical.
Destinatarios: 30 nenos e nenas de idades entre os 4 e 12 anos.
TEMPORALIZACIÓN3. TEMPORALIZACIÓN
Datas de desenvolvemento: luns 29, martes 30, mércores 31 de marzo e luns 5 de abril.
Horario: 4 horas/diarias. De 10:00 a 14:00 horas

Taller audiovisual
Destinatarios: Para xóvenes de entre 12 e 18 anos.
Lugar de execución: Centro de Maiores “ A Baiuca”
Horario: De 10:00 a 14:00 horas
Prazas: 15
Actividades a realizar:
- Elaboración de guión
-Edición de vídeo
- Rodaxe cinematográfico
-Linguaxe audiovisual
Obxectivos:
- Obter nocións básicas de linguaxe audiovisual.
- Aprender a traballar en equipo.
- Realizar vídeos con ideas propias.
- Aprender a elaborar un guión.