Ir o contido principal

Música e cine para a axenda cultural da primeira fin de semana do verán

A música comezará a sonar en Meicende ás 20h mentres que a proxección está previsto que comece ás 20.45h. Trátase de actividades gratuitas ás que se pode acceder con invitación.

O orfeón de voces graves Alcoa Inespal, a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña, ofrecerá un concerto para a veciñanza de Meicende o próximo venres 16 de xuño ás 20:00 h no Auditorio do Centro Socio Cultural. Non é a primeira vez que esta agrupación actúa no noso Concello, a última ocasión foi no I Festival de Cantos de Nadal celebrado o pasado mes de decembro, tamén en Meicende.

Orfeón de Alcoa Inespal

Ás 20:45 h, no Auditorio de Arteixo a través do Programa Visións da Rede Cultural da Deputación da Coruña, proxectarse A praia dos afogados. Dirixida por Gerardo Herrero e interpretada por Carmelo Gómez, Luis Zahera, Celso Bugallo e Tamar Novas este thriller narra como a aparición do cadáver dun mariñeiro coas mans atadas é arrastrado pola marea ata a beira. Xusto Castelo sería outro dos fillos da mar que atopou a súa tumba entre as augas mentres faenaba.

{"preview_thumbnail":"/sites/default/files/styles/video_embed_wysiwyg_preview/public/video_thumbnails/PgXONyntaew.jpg?itok=pyj-xDnc","video_url":"https://www.youtube.com/watch?v=PgXONyntaew","settings":{"responsive":1,"width":"854","height":"480","autoplay":0},"settings_summary":["Embedded Video (Responsive)."]}