Ir o contido principal

Nova cita co ciclo "Muller e saúde"

As mulleres mostran máis procesos crónicos, como migrañas ou fibromialxias, que os homes. Un 68% fronte a un 60%. Afeccións como ansiedade crónica teñen o dobre de impacto entre a poboación feminina e a esperanza de vida é maior entre elas. 86 anos fronte aos 80 dos homes. Son datos da enquisa nacional de saúde do ano 2017. 

Lola Ferreiro, que é licenciada en Medicina, docente do corpo de Secundaria e catedrática de Procesos Sanitarios, falará de todo iso na próxima sesión do ciclo "Muller e Saúde" que pon en marcha o CiM co obxectivo de abordar cuestións de saúde dende unha perspectiva e implicación feminina. 

As desigualdades de xénero en saúde fan referencia ás disparidades entre homes e mulleres en materia de saúde que son innecesarias, evitables e inxustas: o coñecemento das enfermedades, o acceso ós recursos, diagnósticos e tratamentos, os coidados, teñen un impacto diferente para homes e mulleres.

A cita é o mércores 11 de marzo ás cinco da tarde no Centro Arteixo Innovación.

cim