Ir o contido principal

A nova edición do certame de fotografía ambiental premiará ó mellor fotógrafo local

Os traballos, adicados este ano ós recursos turísticos medioambientais do Concello, achegaranse debidamente protexidos e dentro dun sobre pechado ata o 22 de maio de 2017. Outorgaranse cinco premios, por un importe total de 1.800€.

O Certame de fotografía Ambiental nace no ano 2003 coa intención, entre outros obxectivos, de promover unha toma de conciencia crítica e sensible respecto do medio ambiente. Este certame ofértase a toda a poboación, particularizando naquelas persoas que teñen un grado de sensibilidade medio ou alto polo ambiente, ben porque lles gusta o estudio ou a difusión do seus valores estéticos, paisaxísticos, educativos, científicos, etc. ou ben por que teñen unha preocupación polos problemas antrópicos ocasionados nel e que fan insostible a nosa forma de desenvolvemento que temos adoptada desde fai varias décadas.