Ir o contido principal

A nova normalidade establece un novo protocolo de uso das instalacións deportivas

As instalacións deportivas municipais de xestión directa abrirán a partir do 22 de xuño coas condicións establecidas neste documento unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. Este protocolo será plenamente vinculante sen prexuízo das normas que se publique por parte da autoridade competente durante o transcurso da pandemia. Nesta fase da desescalada o obxectivo será a recuperación gradual dos adestramentos. A práctica deportiva será individual ou colectiva, sempre sen contacto físico mantendo as debidas medidas de seguridade e protección, e en todo caso a distancia social de seguridade de un metro e medio.

O protocolo sinalado será de obrigado cumprimento por parte dos usuarios que queiran facer uso das instalacións deportivas municipais (en adiante IDM)

Poderanse permitir tarefas de adestramento de carácter de individual ou colectiva, sen contacto físico, e ata un máximo de vinte e cinco persoas de forma simultánea, mantendo distancias de seguridade de un metro e medio de xeito xeral, e evitando en todo caso, situacións nas que se produza un contacto físico

Poderán acceder ás IDM todos os deportistas, así definidos no artigo 31 da Lei 3/2012 do Deporte de Galicia: “Son  deportistas  aquelas  persoas  que,  no  ámbito  territorial  da  Comunidade Autónoma de Galicia, practiquen, individualmente ou en grupo, calquera tipo de actividade deportiva  nas  condicións  establecidas  pola  presente  lei,  con  independencia  do carácter e obxecto que persiga”. Unicamente poderá acceder cos deportistas un adestrador no caso de que resulte necesario, circunstancia que deberá acreditarse debidamente.

Está permitida a utilización de vestiarios das instalacións, unicamente á finalización do adestramento, debendo abandonalos ao máis tardar 15 minutos despois de ter rematada a actividade.

Concertación de cita a través do correo electrónico deportes@arteixo.org no modelo normalizado no anexo I con 72 horas de antelación. Unha vez confirmado polo Servizo Municipal de Deportes deberán presentarse ao persoal de conserxería das IDM para o seu rexistro e verificación de horario e instalación

Poderán encontrar máis detalle do protocolo no documento adxunto.