Novas axudas municipais aos hostaleiros de entre 3000 e 4000 euros
Arteixo aprobará o próximo xoves novas axudas aos hostaleiros afectados pola crise da COVID-19.
Serán axudas dunha cuantía fixa de 3.000 euros para os bares, cafeterías e restaurantes que poderían chegar ata os 4500 € cando se trate de establecementos de categoría especial, que poden abrir ata máis tarde. Estes últimos levan pechados dende o mes de marzo.
Todas as axudas tramitaranse dende o departamento de Promoción Económica que dirixe Ángel Vázquez.
Trátase de axudas de concurrencia non competititva, o que significa que todos aqueles que presenten a documentación requerida obterán a axuda xa que hai presuposto suficiente para os preto de 160 hostaleiros censados no municipio.
Unha vez aprobado en pleno, as bases pasarán un trámite administrativo obrigatorio e se publicarán a finais de decembro que é cando poderán comezar a se presentar as solicitudes.
Os solicitantes cobrarán o 80% por adiantado e o 20% restante unha vez xustifiquen os gasyos.
Será a segunda liña de axudas municipais despois de que durante o pasado verán xa se repartiran 1'3 millóns de euros entre hostaleiros e comerciantes.
A nova axuda será compatible coas que dispoñan outras administracións como a Xunta ou a Deputación provincial.
Carlos Calvelo espera "que sirvan para que os hostaleiros podan sobrevivir á maior crise económica da súa historia”
Na mesma sesión plenaria aprobarase a modificación da ordenanza pola que non se cobrará nada a hostaleiros e hoteleiros pola recollida do lixo o que lles permitirá aforrar entre 262 e 410 euros.