Ir o contido principal

Novas clausuras de actividades deportivas extraescolares

O pazo dos Deportes acolle o sábado 9 de xuño a clausura das actividades de patinaxe. Será entre as 16.00h e as 19.00h cando os participantes desta actividade ó longo do curso facerán varias exhibicións para amosar o aprendido durante o ano. 

Xa o domingo, tamén no Pazo dos Deportes e de 16.30 a 18.30 h terá lugar a clausura das diversas actividades deportivas extraescolares que se ofertan nos centros educativos do municipio

Tamén o domingo o Club Natación Arteixo organiza un ano máis, o seu tradicional encontro de natación no que participarán,ademais dos nadadores do club local, deportistas de varios clubs da comarca.Trátase dunha competición dirixida ós máis pequenos que realizarán varias probas tanto individuais como de remudas.  Será na Piscina Municipal en horario de 11.00h a 14.00h