Ir o contido principal

As novas restriccións impostas pola Xunta modifican o protocolo das actividades e instalacións deportivas

O servizo Municipal de Deportes activa un novo protocolo de uso das instalacións e actividades deportivas municipais diante da situación sanitaria actual que establece o nivel máximo de alerta para o Concello de Arteixo: 

  • No relativo ao establecemento de un máximo de 4 persoas para grupos de persoas, NON será de aplicación no caso da práctica do deporte federado, polo que os grupos de adestramento de actividade deportiva federada poden seguir desenvolvendo a súa actividades engrupos de máximo 10 persoas incluído o persoal técnico.
  • Non se permite a asistencia de público durante os adestramentos e competicións nas instalacións deportivas municipais.
  • Non se permitirá a celebración de encontros ou eventos de carácter amigable ou non oficial. Só se permitirá a celebración de encontros incluídos no calendario oficial da correspondente federación
  • Non se permite o uso de vestiarios en ningún caso
  • Determínase que o horario de uso das instalacións será con carácter xeral de luns a domingo, de 09:00 h. a 21:45 h.

A atención ao público no Servizo Municipal de Deportes seguirá sendo con carácter preferente baixo cita previa, póñense a disoposición do cidadán e entidades deportivas os seguintes medios: