Ir o contido principal

Novembro trae de volta o outono cultural

O teatro protagoniza a axenda cultural de fin de semana.

Para os máis pequenos chega Lydia Botana a Meicende. Hoxe venres presenta a partir das 8 da tarde o seu espectáculo "Feira das linguas", unha peza que reúne tradición e modernidade a través dos textos literarios de Pondal, Celso Emilio ou Castelao musicados con cancións de creación propia e de distintos estilos. Para maiores de 7 anos e con invitación. 

Tamén hoxe a partir das 20.45 o Auditorio do Centro Cívico de Arteixo acolle a representación de "Desde o Invisible", unha serie de relatos escénicos que trae a Arteixo a compañía La Quintana e que durante 80 minutos achega ao espectador ao mundo das persoas con discapacidade intelectual. Humor e compromiso nunha obra que cuestiona a medida da intelixencia ou os límites do que consideramos "normal". 

As entradas, neste caso, costan entre 3 e 2,25 euros.