Ir o contido principal

Novo contrato para asfaltar dezanove rúas e vías

O Concello asina un novo contrato para o asfaltado de vías e rúas en Vilarrodís, Oseiro, Sol y Mar, Loureda e Meicende. 

Son 350.000 euros que se empregarán na mellora do firme de diferentes calles que presentan, actualmente, un estado mellorable. 

A Avenida de Butano en Meicende; ou as rúas Lope de Vega, Calderón de la Barca, Miguel de Cervantes, Francisco de Quevedo, Tirso de Molina e a praza Manuel Murguía, de Sol y Mar son as actuacións máis destacadas. 

O presuposto de obras do concello investiu, nos últimos doce meses, un total de 2'3 millóns de euros na mellora dos distintos viais municipais e realizáronse asfaltados na meirande parte das parroquias do municipio. Esta mellora inclúe tamén as reformas que acomete a Xunta de Galicia na ampliación do tramo da AC-552 entre o Alto de Arteixo e a rotonda de Bajamar, e tamén se finalizou a mellora do cruce de Lañas, concretamente na intersección das carreteras AC-552 e CP-506, e que inclúe asímesmo, a creación dunha nova praza nun espazo que ocupaba a antigua caseta de peóns camineros.