Ir o contido principal

Novo curso de defensa persoal para mulleres

A concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación organiza un novo obradoiro de autodefensa  para mulleres , nesta ocasión en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

É o segundo que se fai este ano respondendo  a unha demanda das mulleres de Arteixo a través das suxestións que recollemos nos Puntos Violeta instalados nas festas do concello, e despois da encher as prazas no primeiro cunha valoración moi satisfactoria.

O obxetivo deste obradoiro dinámico, que combina teoría e práctica, é empoderar ás mulleres para que se sintan máis seguras saíndo á rúa ou ante situacións violentas  dotandoas de estratexias defensivas e de autoprotección con monitores especializados, neste caso de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Terá unha duración de 8 horas repartidas en dúas tardes.  O venres 27 e o sábado 28 de setembro de 4 a 8 da tarde.

A inscrición será no Centro de Información ás Mulleres –CIM- ata o día 25 e terán preferencia as mulleres empadronadas en Arteixo e que non fixeran outro anteriormente. Máis información no teléfono 981 601415 e no correo electrónico muller@arteixo.org

defensa