Ir o contido principal

Novo curso de defensa persoal para mulleres

O Centro de Información ás Mulleres programa, dentro das actividades con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero un novo curso de defensa persoal que ten como obxectivo empoderar ás mulleres para que se sintan máis seguras saíndo á rúa ou ante situacións de risco  dotandoas de estratexias defensivas e de autoprotección. Será os próximos 26 e 28 de Novembro

É a terceira ocasión neste 2019 no que se progrman este tipo de cursos que xa tiveron unha enorme aceptación en edicións anteriores. Para participar é necesario inscribirse previamente no teléfono 981 60141 ou no correo electrónico  muller@arteixo.org . O prazo é ata o próximo 22 de Novembro e terán preferencia as mulleres empadroadas en Arteixo. 

Haberá dous grupos co fin de facilitar a conciliación da vida laboral. O primeiro grupo de 9'30 a 11 e o segundo, de 20'30 a 22 horas. 

Esta actividade forma parte do programa deseñado polo CIM para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia Machista no que, ademáis destes obradoiros, atopamos xornadas de sensibilización entre os máis novos, mesas redondas, charlas ou a tradicional Andaina contra a violencia de xénero. 

cim

 

Documentos: