Ir o contido principal

Novo curso de smartphones e tabletas dixitais para adultos

Achegar o uso das novas tecnoloxías aos adultos e reducir a brecha dixital entre xeracións é o obxectivo do curso de smartphone e tabletas dixitais que pon en marcha a concellería de participación cidadá. 

Será nos centros de A Baiuca, Barrañán, A Lagoa e O Rañal en distintas horas e días. 

Os cursos teñen unha duración de trinta horas e un custo de 15 euros. 

As inscricións pódense formalizar do 18 ao 22 de febreiro no departamento de Participación ou a través de participacion.cidada@arteixo.org e no teléfono 981.659.180

Documentos: