Ir o contido principal

Novo peche dos campos de fútbol debido ao temporal

A Xunta de Galicia ven de decretar a suspensión, durante todo o día de hoxe,  das actividades no exterior

Será nas zonas decretadas con alerta laranxa por refachos de vento superiores a 100 quilómetros por hora que se prolongará ata as 19:00 horas.

Segundo o establecido por MeteoGalicia, este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica da totalidade das provincias de Pontevedra e A Coruña e a Mariña de Lugo.

Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.