Ir o contido principal

O absentismo escolar rediciuse case á metade nos últimos cinco anos

A mesa de absentismo escolar analiza periódicamente os casos dos alumnos que presentar reiteradas faltas a clase. Os criterios para considerar a un menor absentista son cinco días ó mes de ausencia sen xustificación;  quince faltas xustificadas ao trimestre ou tres faltas de puntualidade inxustificadas o que suporía un día de ausencia sen xustificar.

Con este baremo, a mesa do absentismo de Arteixo, constatou no curso 2016/2017 29 casos, oito máis de no curso anterior e case a metade que nos primeiros anos de constitución deste ente que no curso 2012 e no 2013/2015 atendiu a 47 e 45 respectivamente.   

As autoridades municipais amosan a súa preocupación por esta problemática que, nalgúns casos, comeza a aflorar ós sete anos. 

O programa sobre o absentismo consta de sesións de reforzo educativo nos centros sociais municipais, así como reunións cos proxenitores dos alumnos co obxectivo de que as familias dispoñan de apoio profesional para atallar o problema.

Nun caso de absentismo a actuación comenza coa detección dun caso por parte do centro escolar que o comunica ós servizos sociais municipais. Xa en mans da administración, a educadora familiar do Concello cita ós pais dos alumnos. Si acoden á cita se realizan dúas entrevistas. Unha primeira cos proxenitores e unha segunda co alumno afectado. Servirán para, en colaboración co centro educativo, realizar unha diagnose da situación familiar e valorar as posibles intervencións. Se os titores non acodisen á cita coa educadora familiar en dúas ocasións a terceira se realiza a través da policía local e posteriormente o caso derivaría na delegación de menores e o xulgado pertinente.