Ir o contido principal

O aceite usado e a roupa usada xa teñen os seus contedores en Arteixo

O aceite usado terá un contedor específico en Arteixo e os veciños tamén disporán de novos depósitos aos que levar a súa roupa usada. En ambos casos trátase dun paso máis dado polo Concello cara á xestión dos residuos urbanos e que comezou coa municipalización do servizo de recollida e a instalación de isletas de cinco contedores para se converter no primeiro concello de Galicia en se adaptar á normativa europea. 

A recollida de aceite e roupa chega tras o acordo alcanzado coas entidades sociais "Mulleres colleiteiras", que se encargará do aceite; e "Insertega" que se fai cargo da roupa usada. 

O proxecto "Mulleres Colleiteiras" ten como principal obxectivo o traballo de recollida, almacenamento, valorización e reutilización do aceite doméstico usado, realizado por mulleres en situación de exclusión social, como medio para incorporarse ao sector formal de autoemprego, ofrecendo unha proposta eficaz ao problema dos verquidos de aceite nas cociñas e ao aproveitamento dun recurso. 

mulleres colleiteiras

Insertega tamén é unha inciativa social que busca, segundo recollen os seus principios, unha maior responsabilidade mediante a reducción do consumo de recursos naturais e a reutilización das prendas en bo estado así como a reciclaxe dos residuos que xeneran. 

Insertega