Ir o contido principal

O alcalde recibe ao delegado territorial da Xunta no Centro de Formación

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro,  e o alcalde de Arteixo visitaron esta mañá o Centro Tecnolóxico de Formación Municipal no que se impartirán ciclos de FP de electricidade e hostalería. É o resultado dun convenio asinado, o pasado ano, para permitir que ciclos formativos de FP, que dependen do IES de Sabón, se poidan ofertar no centro de formación municipal. A través deste acordo o Concello asume os gastos de mantemento e equipamento e Xunta aporta o persoal docente e o material didáctico para poder impartir estas novas clases.

Segundo explicou, Ovidio Rodeiro, “tanto as FP de hostalería como a de electricidade contan con 20 prazas.cada unha”. O representante autonómico lembrou que isto é posible grazas ao acordo entre o Concello e Xunta e grazas ao esforzo que dende o goberno local se fixo para levar a cabo a reforma do centro de formación por un importe de 149.000 euros. A obra consistiu na construción dunha nova planta aproveitando o espazo xa existente no edificio para habilitar tres aulas polivalentes e unha sala de reunións”.

alcalde

O representante do Goberno Autonómico explicou que este ano se ofertan nos centros de FP da cidade da Coruña e  da súa comarca 13 novos ciclos que contarán con 222 prazas.

Na provincia da Coruña a oferta de novos ciclos chega ata os 30 con 523 prazas. Cómpre lembrar que este ano, entre primeiro e segundo ciclo, hai máis de 51.000 matriculados en ensinanzas de FP en Galicia.

A oferta que tamén avanza na cidade e área da Coruña é a implantación da FP dual xa que se ofertarán 11 ciclos deste tipo de formación con 178 prazas.

cfo