Ir o contido principal

O Balneario xa é municipal

O alcalde Carlos Calvelo formalizou hoxe ante notario a compra do Balneario. 

A compra, con fondos da Fundación Amancio Ortega, servirá para converter o edificio nun centro público socio-cultural o que peritirá gañar 1800 m2 de espazo público sumando as tres edificacións actuais. O hotel, a zona de baños e a antiga capela destinaranse, tras a elaboración do primeiro proxecto, a obras de adecuación e diferentes usos socio-culturais. 

A compra, por tres millóns de euros, é a culminación do plan municipal que se puxera en marcha en marzo pasado e que o alcalde califica como un "feito histórico" .

O Balneario consta dun conxunto de edificios do século XVIII e é un elemento fundamental da historia de Arteixo. A zona na que se ubica xa dispón de outro equipamento público como a residencia de maiores oy a escola infantil, tamén doados pola Fundación Amancio Ortega. 

O executivo quere que este emblemático edificio sexa un edificio público que ofreza servizos culturais e sociais a todos os cidadáns. Disporá de equipamento interxeneracional e o obxectivo é que redunde en beneficio de persoas de todas as idades.