Ir o contido principal

O cancro de mama no ciclo de saúde das mulleres do CIM

O cancro de mama protagoniza unha nova sesión do Ciclo de Saúde das Mulleres que, mensualmente, trae a Arteixo unha temática de interés para o benestar físico, psíquico e social das mulleres. 

O próximo 19 de outubro celébrase o Día Mundial contra o cancro de mama e, con tal motivo, o CIM programa unha charla adicada a esta enfermidade. Según  o Observatorio do Cáncer AECC,  no ano 2019 diagnosticáronse 33.307 novos casos, o que representa máis do  30% de todos os tumores do sexo femenino. O maior número total de diagnósticos atópase nas mulleres entre 45 e 65 anos.

A prevención precoz e as implicacións emocionais deste tipo de tumores son eixes fundamentais sobre os que xirará esta xornada que contará coa participación das psicólogas Ainhoa Carrasco, que é psicóloga da AECC e falará sobre a súa prevención e a detección precoz; e Ana Vitales, tamén psicóloga e usuaria a Asociación. 

A mesa redonda terá lugar no Centro Arteixo Innovación ás 18 horas.