Ir o contido principal

O Centro Cívico acolle a exposición do Premio Jesús Núñez de Arte Gráfica

A exposición do XII Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez chega a Arteixo. Pódese visitar na sala de mostras do Centro Cívico e Cultural ata o próximo 13 de novembro.

O premio, que leva o nome do fundador do Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos, entidade que colabora na súa organización, contou nesta edición con 142 obras de 23 países diferentes. 

O gañador foi, nesta ocasión, para a artista italiana Francisca Bau, ex-bolseira da Fundación CIEC, coa obra 270D realizada en augatinta, augaforte e brunido. Trátase dun traballo que impresionou ao xurado pola súa rotundidade estética e o dominio da técnica nunha peza que "atrapa as miradas, evocando múltiples lecturas" nunha xeometría chea de matices