Ir o contido principal

O CIM atendeu máis do dobre de casos de violencia doméstica durante o confinamento

O CIM de Arteixo que, como todos os servizos públicos, tivo as portas pechadas durante o estado de alarma, permaneceu activo como servizo esencial con atención telefónica e presencial en casos que así o requerían.

A atención social, psicolóxica e o asesoramento xurídico prestáronse con horarios amplos e permitiron dar resposta as mulleres en situación de emerxencia provocada pola violencia das súas parellas.

No período de estado de alarma atendéronse case o doble de novos casos de violencia de xénero que nos mesmos meses do ano anterior, no cal puderon incidir múltiples factores como a convivencia prolongada, a vulnerabilidade das vítimas nesta situación  e a colaboración veciñal, así como a publicidade e difusión dos servizos de apoio.

Queremos facer fincapé na importancia da rede veciñal para denunciar casos de violencia de xénero  e apoiar ás mulleres víctimas.