Ir o contido principal

O CIM celebra coa mocidade o 8 de Marzo nas redes

O 8 de Marzo, neste 2021, será diferente. O Centro de Información ás Mulleres propón actividades dirixidas á infancia e á mocidade a través dos medios sociais. Será en colaboración cos cos centros educativosdo municipio, pero tamén poden participar individualmente.

Trátase de sendos concursos a través das redes sociais nos que o CIM propón reflexionar sobre o papel das mulleres na sociedade actual. 

Haberá un concurso na rede Tik Tok no que poderán participar estudantes de secundaria do concello de Arteixo, matriculados nun centro educativo de Arteixo. Deberán inscribirse no propio centro educativo ou a través de correo electrónico dirixido á organización , indicando nome de usuario Tik Tok, e proporcionando os seguintes datos: nome, apelidos, idade, centro educativo, e curso. Deberán incluír achega unha autorización dos seus titores legais, e de cesión de uso das imaxes ao Concello de Arteixo.

Hai un premio por cada curso de ESO e bacharelato, e outro para F.P e será unha tablet.

Conta oficial do concurso en Tik Tok: @mulleresarteixo8m

Hashtag   #mulleresarteixo8m

Tamé se propón un concurso fotográfico dirixido ao alumnado de 2º ciclo de educación primariaO obxectivo é promover que o alumnado mais novo a conciencia sobre a necesaria igualdade de xénero a través da fotografía / debuxo/collage ou similar pero presentado en formato dixital.

A imaxe será orixinal, realizada con teléfonos móbiles e/ou cámaras dixitais, cunha resolución mínima de 3 Mpx, e un peso máximo de 1MB: poderá recoller debuxos, collages, fotografías de persoas ...

Enviaranse por correo electrónico á organización e n  mesmo correo axúntanse os seguintes datos debidamente cumprimentados: nome da alumna/o, curso, colexio, título da fotografía. Autorización por parte da persoa responsable da/o menor participante.

Os premios, dous por cada curso consistirán en tablets que se entregarán a título individual á persoa ganadora.

Estará habilitada unha conta de correo electrónico e un teléfono movil para o envío das imaxes mulleresarteixo8m@gmail.com

Tlf. 644 62 44 75

Denvolvese como obxectivo transversal a utilización responsable das redes sociais.

cim