Ir o contido principal

O Concello acolle máis vodas que nunca

O pasado ano celebráronse no Concello 69 unións matrimoniais, a cifra máis alta da historia.

A Casa Consistorial acolliu en 2009, 36 cerimonias civís e, dende entón, o aumento foi paulatino ata alcanzar a cifra récord en 2016. En 2010 foron 49 vodas, 46 en 2011. No ano 2012 chegouse ata as 55; 41 en 2013, 44 en 2014 e 65 en 2015.

Arteixo non cobra taxas pola celebración da voda nin tampouco ten ordenanza algunha que as regule aínda que sí dispón dun completo protocolo que inclúe dende a información sobre os artículos do código civil que deben se ler, ata a música ou textos, de Víctor Hugo ou Xulio L. Valcárcel, que poden escoller os contraíntes.