Ir o contido principal

O Concello acomete a instalación de novos pasos peonís elvados na Avenida de Arsenio Iglesias

O Concello inicia a instalación de pasos peonís sobreelevados na avenida de Arsenio Iglesias co obxectivo de rducir a velocidade dos vehículos na principal zona escolar e deportiva do municipio.

A avenida conta con dous CEIP, dous institutos, a gardería municipal, o complexo de piscinas, o pazo dos deportes e os campos de fútbol municipais. Trátase, con esta actuación, de mellorar a seguridade vial a través da execución de tres reductores de velocidade tipo  “paso peonil sobreelevado”.

Tamén se adecuarán á normativa vixente as plazas de aparcamiento reservadas para personas con mobilidade reducida e se adecuará a sinalización vertical á nova configuración deseñada como “Zona de Especial Protección Peatonal”.

A característica principal de este tipo de reductores de velocidade é que son dispositivos de sección transversal trapezoidal. Cumpren a función dos pasos de peóns, situándose a súa rasante a un nivel lixeiramente superior ao do firme. A efectos legais, aplícaselles as disposicións vixentes relativas tanto a pasos de peóns como a reductores de velocidade.

O presuposto dos traballos ascende a 48.000 euros.

obras