Ir o contido principal

O Concello acomete a mellora da seguridade na rúa Maizales

O concello comeza mañá as obras destinadas a mellorar a seguridade da Rúa Maizales en Vilarrodís como paso previo á construcción dunha nova estructura de contención na rúa que incluirá, no terreo adxacente, unha nova zona verde e de esparexemento de 5.000 m2. Os traballos requerirán a utilización de maquinaria pesada que mañá mesmo estará na zona. 

O muro de contención realízase debido ao progresivo deterioro que a rúa sofriu nos últimos anos e que desembocou na existencia de grietas na calzada. A rúa xa estaba parcialmente pechada. 

Paralalelamente á realización destes traballos o concelo realizará os trámites necesarios para comprar a parcela adxacente da rúa Maizales, de preto de 5000 m2, para a converrter nunha nova zona de ocio. 

Os presupostos de este ano xa inclúen unha partida de 330.000 euros para a construcción destas actuacións.